📗 Libro en gallego AS CARTAS DO DESTINO (PREMIO MANUEL MURGUIA 2003)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482887913

Historia local de España Galicia

Sinopsis de AS CARTAS DO DESTINO (PREMIO MANUEL MURGUIA 2003)

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria.
Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra.
As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482887913

Idioma: Gallego

Número de páginas: 272
Tiempo de lectura:
6h 27m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/03/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Colección:
Memoria

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 70.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Raul Soutelo y Xosé Manoel Núñez Seixas


Xosé M. Núñez Seixas es catedrático de Historia Contemporánea en la Universidad de Santiago de Compostela. Sus investigaciones se centran en la historia comparada y transnacional de los nacionalismos europeos, la historia cultural de la guerra y la memoria de las dictaduras. Entre sus obras más recientes se cuentan The Spanish Blue Division on the Eastern Front (2022) y Volver a Stalingrado (2022).
Descubre más sobre Xosé Manoel Núñez Seixas

Opiniones sobre AS CARTAS DO DESTINO (PREMIO MANUEL MURGUIA 2003)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana