📗 Libro en gallego CABALGADA NA BRETEMA

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482889054

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de CABALGADA NA BRETEMA

Coma un carballo, a obra poetica de Darío Xoán Cabana (Roás 1952) abrangue e e expresión dun mundo que pola intensidade da verba se fai extenso, inesgotable. Cabalgada na bretema e un libro que conten mortos e melancolía, historia e terra, e cólera. Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria. Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na lembranza dos frios de Teruel. Un poeta de mediana idade olla a nación, a clase, a casa, a estirpe, a morte. Alento comunal e memoria persoal nun poemario admirable.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482889054

Idioma: Gallego

Número de páginas: 84

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/05/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es

Colección:
Dombate (Poesía)

Alto: 22.0 cm
Ancho: 12.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Darío Xohán Cabana


Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.
Descubre más sobre Darío Xohán Cabana
Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email

Opiniones sobre CABALGADA NA BRETEMA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana