Os contos que recollen os volumes de "Cabalo buligán" son os nosos contos, os que se mantiveron de boca en boca, pero descoñecidos para os lectores galegos, durante centenios. Non son exclusivos de Galicia, pero teñen a pegada da nosa cultura e da nosa forma de entender o mundo. Contos marabillosos, II contén outros tres contos de maxia: Xoanciño, o oso, Brancaflor e A flor do violar. Dos tres hai moi poucas versións rexistradas en Galicia. Delas, algunhas xa son de anos pero outras son recentes e aínda se escoitan pola xeografía galega.
Ficha técnica
Ilustrador: Enjamio
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483023297
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/12/1998
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CABALO BULIGÁN - Contos marabillosos
INFANTIL E XUVENIL - CABALO BULIGÁN - Contos marabillosos
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 160.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN RAMIRO CUBA y Antonio Reigosa
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio "Manuel Mato Vizoso" en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.
Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.