Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio "Manuel Mato Vizoso" en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.
Recibe novedades de XOAN RAMIRO CUBA directamente en tu email
Contos Marabillosos, I contén tres contos de maxia ou marabillosos. Os contos de maxia son antigos coma o mundo. Engaiolan e encantan. Divirten e estimulan os sentimentos máis variados dos humanos. Se os animais falan ou habitan neles monstros do imaxinario, se as mulleres bonitas son princesas e os heroes reis ou principes, se o mundo dos mortos e dos vivos se mestura, se os deuses e os homes se tratan de ti, e porque toda busqueda do sentido da vida ten dimensions sicoloxicas, relixiosas, fantasiosas, que precisan deses simbolos, comuns a humanidade enteira, simbolo que constitue a autentica linguaxe universal. O paxaro que fala, a arbore que canta e a auga dourada; Manta en Roma e A gaita que facia a todos bailar, os tres titulos deste primeiro volume contanse ainda nas aldeas de Galicia. Do primeiro, O paxaro que fala, a arbore que canta e a auga dourada, faise unha version literaria a partir dunha oral rexistrada na Pontenova, nunca impresa, e doutras mais coñecidas, poucas, rexistradas hai alguns anos. De Manta en Roma so hai unha version oral galega, ainda inedita, e que e a unica fonte da que bebe a reelaboracion que aqui se ofrece. Do terceiro, A gaita que facia a todos bailar, mais coñecido, refundense unha serie de versions orais que lle dan o corpo, a forma e o sentido que debeu ter algun dia. En todolos casos cada conto vai anotado coas fontes das que se partiu para elaboralo.
Os contos que recollen os volumes de "Cabalo buligán" son os nosos contos, os que se mantiveron de boca en boca, pero descoñecidos para os lectores galegos, durante centenios. Non son exclusivos de Galicia, pero teñen a pegada da nosa cultura e da nosa forma de entender o mundo. Contos marabillosos, II conten outros tres contos de maxia: Xoanciño, o oso, Brancaflor e A flor do violar. Dos tres hai moi poucas versions rexistradas en Galicia. Delas, algunhas xa son de anos pero outras son recentes e ainda se escoitan pola xeografia galega.
Outros novos seis contos marabillosos: "O cabalo buligán", "O mozo que non sabía que era o medo", "O demo na mochila", "Conto da moza e o la-garto", "O criado do cego", "A árbore das tres laranxas". Reelaborados e adaptados por Xoan Ramiro Cuba, Antonio Reigosa e Xose Miranda dan testemuño da vixencia do conto oral galego hoxe en dia. Encuadernacion: Rustica.
Outros novos seis contos marabillosos: "O cabalo buligán", "O mozo que non sabía que era o medo", "O demo na mochila", "Conto da moza e o la-garto", "O criado do cego", "A árbore das tres laranxas". Reelaborados e adaptados por Xoan Ramiro Cuba, Antonio Reigosa e Xose Miranda dan testemuño da vixencia do conto oral galego hoxe en dia. Encuadernacion: Rustica.