Sinopsis de POESIA ULTIMA DE AMOR E ENFERMIDADE 1992-1995
"Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 é produto de case catro anos de vida, pero escrito en menos de seis meses. Supoño que no meu interior había unha necesidade de expresarme, de expresar non só eses catro anos, senón os 37, case 38 xa que teño, e de aí viña esa urxencia. E por iso o título do libro é un pouco esa busca de contradición, entre as palabras, entre as sensacións, e de que todo forma parte da vida, tanto o amor como o sufrimento, como a morte, como o desexo... O libro divídese en tres partes, só 2 poemas ao principio escritos no ano 92, e vou intentar explicar o que houbo neses espazos de silencio..."
Ficha técnica
Editorial: Edicions Positivas S.L.
ISBN: 9788487783340
Idioma: Gallego
Número de páginas: 106
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/10/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: A Coruña
Peso: 90.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Lois Pereiro
Lois Pereiro (Monforte, 1958- A Coruña, 1996) marchou estudar a Madrid aos 17 anos, onde fundou, canda Antón Patiño, Fermín Bouza, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia, formando parte dun dos grupos de maior renovación cultural da segunda metade dos 70. Ao seu regreso a Galicia, colabora na revista Luzes de Galiza e participa nas antoloxías De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). Como poeta, deu á luz dous libros, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995), e un terceiro, Poemas para unha Loia (1997), que se publicou postumamente. En 2010, tras ser nomeado para celebrar o Día das Letras Galegas, publicouse Conversa ultramarina, unha longa carta concibida como dietario dos seus últimos días. Pereiro legou á poesía galega uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade. Con motivo do 17 de maio de 2011, Xerais publicou a súa Poesía completa (2011), en edición de Ana Acuña, e Modesta proposición e outros ensaios (2011).