O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentracion do efectivo humano, da actividade economica e da artificializacion do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana.Un proceso de urbanizacion que non se realizou con toda a orde nin bo senso que caberia agardar, e que nos seus aspectos centrais foi obxecto de estudo por parte de arquitectos, xeografos, sociologos, antropologos, historiadores, especialistas en dereito ou no medio ambiente que, xunto a colegas doutras procedencias, investigaron as diversas faces da Galicia urbana.Precisamente, este achegamento multidisciplinar e o que se pretende reflectir no libro A Galicia urbana. Relacion de autores que interveñen no libro: Jesus M. Gonzalez Perez, Manuel Garcia Docampo, Manuel Gallego Jorreto, Miguel Pazos Oton, Cesar Portela, Jose Gonzalez-Cebrian Tello, Xose L. Martinez Suarez, Martin Fernandez Prado, Henrique Seoane Prado, Xose M. Rosales Noves, Antonio Diaz Otero, Jose L. Gonzalez Fernandez, Ramon Lopez Facal, Carlos Nardiz Ortiz, Maria J. Piñeira Mantiñan, Dolores Puga, Teresa Castro, Francisco R. Duran Villa, Mª. Angeles Piñeiro Antelo, Alejandro Lopez Gonzalez, Luis A. Escudero Gomez, Xose M. Santos Solla, Jose M. Cardesin, Carmen Lamela Vieira, Manuel Perez Rua, Francisco X. Armas Quintas, X. Carlos Macia Arce, Belen Mª. Castro Fernandez, Alfredo Vigo Trasancos, Francisco Rodriguez Lestegas, Roman Rodriguez Gonzalez, Antonio de la Peña Santos, Xose M. Souto Gonzalez, Xavier Rivas, Alfonso Bar, Patricia Villot, Ignacio Sanz Jusdado, Enrique Sanchez Goyanes, Xose Somoza Medina, Valeria Paul Carril, Xerardo Pereiro.
Ver más