A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da sua infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxeccion de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas mais importantes da sua vida: a sua amiga Sainza. Dende a sua liña de saida torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, esta dentro do agardado. "As cousas que non queremos oir" explora o alleamento, os limites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, mais que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimondez entrecruza os fios das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario unico no que as lectoras son quen de compoñer tamen a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vias de extincion", "A musica dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oir" transita unha nova forma de enfrontarse a migracion e o desprazamento e traza novas interaccions e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Sainza Combarro.A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da sua infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxeccion de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas mais importantes da sua vida: a sua amiga Sainza. Dende a sua liña de saida torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, esta dentro do agardado. "As cousas que non queremos oir" explora o alleamento, os limites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, mais que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimondez entrecruza os fios das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario unico no que as lectoras son quen de compoñer tamen a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vias de extincion", "A musica dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oir" transita unha nova forma de enfrontarse a migracion e o desprazamento e traza novas interaccions e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Sainza Combarro.
Ver más