"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benevola tirania da rima; e outro, na inmediatez da emocion, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa as formas mais propias da cancion ou da "twitteratura" a ritmo de musica e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmetica beatle": letras tristes + alegres melodias. A "forma" do Long Play navega libertaria cara as augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xenero poetico que galantea por intres con algun "riff" de humor -se Ian Curtis e de Curtis e Ohio e O Hio, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasions cara "outros territorios posibeis"; concibese o propio proceso de creacion como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesia por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observacion da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A "ledicia blue" que agroma do triste.A loita por habitar os silencios da nosa zona escura."Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benevola tirania da rima; e outro, na inmediatez da emocion, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa as formas mais propias da cancion ou da "twitteratura" a ritmo de musica e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmetica beatle": letras tristes + alegres melodias. A "forma" do Long Play navega libertaria cara as augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xenero poetico que galantea por intres con algun "riff" de humor -se Ian Curtis e de Curtis e Ohio e O Hio, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasions cara "outros territorios posibeis"; concibese o propio proceso de creacion como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesia por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observacion da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A "ledicia blue" que agroma do triste.A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.
Ver más