Antonio Tovar (A Pereira de Rairiz da Veiga, Xinzo de Limia, 1921) vive e traballa en Ourense onde, de vagar, escribe algús dos versos máis densos, máis cheos de celme íntimo da nosa poesía. Os criticos da mais diversa feitura (Vicente Risco , Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Basilio Losada ...) teñense pronunciado de xeito inteiramente favorable sobor da sua obra poetica. algus, mesmo, xulgan que o seu nome e un dos dous primeiros da poesia galega de hoxe. para outros e un dos mellores poetas con que conta España nesta hora. A pesares do limpo e afervoado pronunciamiento da critica, o poeta Tovarescritor, ademais, de gramatica doada- inda non conqueriu o publico que voces de menos entidade teñen acadado no pais. Este volume conten tres dos seus libros poeticos, dous en reedicion (ArredoreseNon) e un en primeira impresion (O vento no teu colo). Co este librosubtituladoPoemas a Tucha, que e a muller do poeta- a poesia de lingua galega asomase a un eido fai tempo pouco transitado, o do amor, un amor cheo de vida e de quentura latexante e sin as arañeiras da retorica e do idealismo. A sua entrega o amor, a muller,, compañeira, e, as veces, a fuxida do desamparo e do desacougo no que ten vivido o orfo radical que era Antonio Tovar. Nos outros dous libros o Tovar leva a cabo a tarefa de tnatos e tantos poetas liricos. percurar a intimidade, si ben nel a indagacion e tan fonda e tan singular que jai poemas que constituyen un encontro coa mismidade, poemas que constituyen un encontro coa mimidade, unha mismidade de tal xeito configurada que ela por si e xa unha acusacion, un alegato contra o mundo. ¡Engalolando poeta o autor que, a forza de se buscar, amosanos, de paso, a fasquia noxenta da sociedade! Na historia da poesia galegarexeiten o que queiran os antologos- o nome de Tovar esta entre os primeiros. Cumpria, pos, para ben de todos, escorrentar tangaraños e meigallos.
Ver más